Monday 29 de April de 2024

Abegondo dá a coñecer a programación das súas escolas deportivas para o próximo curso


As posibilidades van desde patinaxe, ballet, ximnasia rítmica, taekwondo, fútbol basee, hípica ou balonmán

O Concello de Abegondo deu a coñecer esta mañá a programación das súas escolas deportivas para o próximo curso, tanto para nenos e nenas como para persoas adultas. As posibilidades van desde patinaxe, ballet, ximnasia rítmica, taekwondo, fútbol basee, hípica ou balonmán.

Tanto as altas como as baixas han de tramitarse no Rexistro Municipal ou mediante a sede electrónica. As renovacións nas actividades serán automáticas. Aquelas persoas que non desexen continuar na tempada 2022-2023 deberá comunicalo ben por Rexistro ou pola sede electrónica do Concello de Abegondo.

De darse o caso de haber máis inscricións que prazas, terán preferencia as persoas empadroadas. As baixas realizaranse antes do día 1 do mes que queira facerse efectiva. A tempada de inverno dará comezo o día 1 de setembro, e prolongarase ata o 30 de xuño.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 981 647 909 ou consultar a páxina web municipal www.abegondo.gal.